#213 Limbo

May 16, 2017

Xa facía tempo que non falabamos por aquí de un xogo, asi que este marte imos falar do predecesor de INSIDE. Limbo é un pequeno xogo, tanto en mecánicas como en duración, cun apartrado artísticos sobresaínte, apto para todo tipo de xogadores e plataformas, unha historia para todos os públicos desas que tanto me gusta recomendar.

 

Máis enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#212 Sobre o rasomware e WannaCry

May 15, 2017

O pasado venres Telefónica quedou bloqueada por un rasomware, feito que despois se extendería a outras empresas e países afectando incluso ao sistema sanitario británico. Falamos do que pasou, de como e porque pasou para que entendamos todos xuntos que narices é un rasomware e como se puido espallar tan axiña.

 

Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#211 Todos queren un Amazon Echo Show

May 12, 2017

Voltamos coa miscelánea dos venres nesta ocasión chea de filmes e de novas sobre Microsoft, Apple e Amazon que estiveron moi activos estas últimas semanas sacando novidades e presentando o que según eles vai ser o futuro dos aparellos do fogar. Nota a parte para Tesla, que non fala do futuro senón do presente dos fogares sacando ao mercado o seu primeiro modelo de teito solar.

 

Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#210 Guardians of the Galaxy Vol. 2

May 11, 2017

Voltamos despois de unhas longas vacacións para falar do último filme de Marvel. E non, o de que segundas partes nunca foron boas non se cumpre neste caso, pois con esta segunda entrega, aínda que non estea falta de problemas e cousas a melloras, temos unha entrega chea de aventura, humor e máis información ca nunca sobre os personaxes e as súas historias.

 

Máis información e enlaces ás análises en podcast.altg.net

00:0000:00

#209 Máis Zeldas que Switchs

April 28, 2017

Voltamos co resumo desta semana marcada polas presentacións de resultados, tanto de Twitter, como de Instagram como de Nintendo. Especialmente interesante esta última ao tratarse da primeira tras a saída da Switch, e como sempre a de Twitter que segue loitando por ser rendible.

 

Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#208 Twitch máis preto, Youtube máis lonxe

April 27, 2017

Twitch segue imparable facendo novos e mellores cambios na súa plataforma. Se fai un tempo falabamos de como integraban Amazon Premium na plataforma, despois de Pulse, o seu propio Twitter, hoxe tocar falar dun novo programa de afiliados que permita case a calquera con tempo e adicación ter a posibilidade de facer cartos coa plataforma.

 

Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#207 DJI Goggles

April 26, 2017

Levábamos moito tempo sen falar de drones por aquí, e iso que é unha das cousas que máis me gustan deste futuro no que vivimos, así que aproveitando a saída das DJI Goggles imos falar de outra modalidade máis asequible e divertida de ter un drone, os de competición.

 

Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#206 Paga co móbil con Paypal

April 21, 2017

Voltamos un venres con todo o que nos quedou no tinteiro que nesta ocasión, ao ser un semana tan escasa en decotes, son bastantes cousas importantes que saíron á luz estos días. Se falta algunha non te preocupes, tratarémola con máis calma e protagonismo en vindeiros programas. 

 

Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00

#205 Star Wars Celebration 2017

April 19, 2017

A pasada semana, entre o 13 e o 16 de abril, celebrouse en Orlando a Star Wars Celebration 2017, unha reunión onde fans, actores, directores e todo tipo de persoas vinculadas coas películas e o universo pasan varios días repartidos en paneis e charlas falando de todo o que xa foi, todo o que está por vir e todos aqueles que xa non están con nós.

 

Máis información e enlaces en podcast.altg.net

00:0000:00

#204 Calendarios para o futuro

April 7, 2017

Voltamos unha semana máis falando de cousiñas interesantes e lecturas recomendadas que non entraron na edición diaria do Decote esta semana. Falamos de Android, tomándolle a dianteira a Windows como sistema operativo máis usado para acceder a internet, de Apple e o futuro das súas tarxetas gráficas, de xogos, de conceptos e de moitas cousas interesantes.

 

Todos os enlaces a estas novas e aos enlaces anteriores en podcast.altg.net

00:0000:00