#242 The Last Jedi

January 10, 2018

Volvemos para falar dunha das películas máis agardadas do ano pasado, Star Wars: The last Jedi. Unha película que non deixou a ninguén indiferente e da que falamos hoxe no Decote para dar o noso puntos de vista, falar de algúns dos puntos máis polémicos e ver o que está por vir no universo cinemático de Star Wars.

00:0000:00

#241 O momento da realidade aumentada?

October 4, 2017

Despois de pasar polo momento da realidade virtual coas apostas de HTC, Oculus e a propia Playstation, que parece que non acabar de convertirse no éxito que elas esperaban, chega o momento da realidade aumentada da man de Google e Apple co precentes das Hololens de Microsft. Serán estos kits para desenvolvedores capaces de marcar a diferencia? Complicado sabelo a día de hoxe, pero as sensacións non son boas.

Tango
Ikea App

00:0000:00

#240 The night manager

October 3, 2017

Como xa vos contei en algunha ocasión, non hai mellor momento para poñerse ao día coas series pendientes que o verán. Este verán deu para moito e a primeira que vos achego por aquí é esta The night manager na que podedes atopar a Hugh Laurie e Toom Hiddleston en todo o seu explendor. Unha serie curtiña pero que merece moito a pena, sobre todo se tedes Amazon Prime.

The Night Manager | IMDB
The Night Manager | Amazon Video

00:0000:00

#239 Apple Watch un ano despois

October 2, 2017

Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.

00:0000:00

#238 Echo, echo, echo…

September 29, 2017

Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira.

Mixx.io | El Windows de las casas 
Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más
The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event

00:0000:00

#237 Strava + Relive

September 28, 2017

Verán é un momento perfecto para practicar deporte, polos menos no meu caso, é o momento do ano onde máis luz do días hai e máis quilómetros se poden meter ao corpo. Este ano, coa chegada do Apple Watch á miña vida estiven á procura de unha aplicación que puidese tirarlle todo o proveito e, aínda que frouxea nalgúns puntos, Strava foi a elexida. Todos os motivos no podcast de hoxe.

Strava
Relive
Vídeo de Relive

00:0000:00

#236 TRÅDFRI

September 27, 2017
 Voltamos á normalidade do Decote falando de Tradsfri, e forma máis asequible de dar o primeiro paso no mundo da domótica da man de Ikea. Probamos este sistema de iluminación intelixente que proximamente se fará compatible con Homekit e outros sistemas de domótica, convertíndose nunha das formas máis económicas de iniciarse neste mundo. Falamos de como funciona, cales son as súas limitación e que funcións imos gañar coa chegada de Homekit.
 
00:0000:00

#235 A historia dos podcasts

September 26, 2017

Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións.

Historia dos podcasts
Podgalego

00:0000:00

#234 A historia dos blogs

September 25, 2017

Voltamos despois de un inmerecido descando para falar do que estivemos facendo nas vacacións. Falamos neste primeiro podcast da temporada da historia dos blogs en galego, de cales foron os seus inicios e porque estiveron motivados, damos os nomes de algúns estudos clave e animámosvos a participar na creación destas dúas webs.

Historia dos blogs
Podgalego

00:0000:00

#233 Tesla Model 3

July 12, 2017

Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos.

Web de Tesla
Saúl López en Youtube
Vlog NY

00:0000:00